Musiqueando con María apoya a los artistas gallegos, en este caso dando la enhorabuena a todos los proyectos premiados en la Gala de los V Premios Martín Códax da Música.

¡Enhorabuena a todos los premiados!

 

En este enlace podéis ver la publicación que les dediqué a algunos músicos inscritos en varias categorías.

Ramón Bermejo, vocal de la asociación:

Recuerda que MAV cumpre 10 ano de existencia e que este ano despidese a antiga Xunta Directiva e da paso á nova, composta por 9 músicos. Desde o 1 de Febreiro deste ano existe como cooperativa galega e deuse por concluido o convenio con . Agradece a o seu apoio e o seu impecable traballo de tantos anos en prol da dignificación dos músicos. En canto á nova Lei de Espectáculos “Non se pode vivir permanentemente ao pairo dunha lei redactada de forma ambigüa, e que deixa a música ao vivo, unha vez máis, nun terreo esvaradizo e inseguro”. “Precisamos unha lei que protexa a nosa actividade profesional, leis que sirvan de esrtímulo e de amparo para que se programe música ao vivo sen risco de que aos espazos que o fagan se lles multe por facelo”. Recalca que é fundamental que nesta batalla estemos xuntos, non para facer ruido, senon para poder facer música con garantías. Volve un ano máis a facer referencia a falta de música ao vivo na radio e na TVG.

Non debemos conformarnos cun ensino musical exclusivo de conservatorios e escolas de música, que a música ten que estar presente como asignatura troncal en todas as etapas do ensino obrigatorio. Apoiando á campaña que nestes días está a levar a cabo a Confederación de Asociacións de Educción Musical. Declara o rexeitamento á condea de compañeiros da música e as artes, por expresar mediante a arte o que pensan,  e envía todo o apoio de MAV a todas as persoas que sofren cadea por ter exercido un dereito tan fundamental e irrenunciable como é a liberdade de expresión. Ramón asegura que “Nunca deixaremos de teimar na necesidade de acadar unha igualdade real entre xéneros, comezando por nós mesmos”. Esta nova Xunta Directiva está composta por unha maioría de mulleres que velarán por esa igualdade. Continúa dicindo que precisamos do apoio dos concellos, da Xunta, dos medios e do público, pero sobre todo, e máis ca nunca, do colectivo de músicos. Anima ós musicos a que se asocien, e se non o fan, poden colaborar de moitas formas “xa que esta segue a ser tamén a súa loita”

Sonia Lebedynski toma o relevo como nova voceira de

Esta nova Xunta Directiva “seguirá apostando por mudar as cousas por sentirnos libres para crear e falarlle ao mundo”. Continúa dicindo: “A propia música é a que nos dá os porqués para continuar, por que hai silencios que nos berran, porque a música e as palabras constrúen o relato colectivo e ten o poder de axitar conciencias”. “Cremos no traballo en equipo baseado na boa comunicación, no respeto e no intercambio de opinións, baixo o prisma do ben común. Somos un colectivo amplo con necesidades diversas polo que precisamos de vós, da vosa axuda, confianza e da vosa implicación” remarcou. Sonia continúa dicindo que hai un fío conductor que nos une a todas as persoas que formamos parte deste colectivo e non é outro que as nosas músicas. “De maneira unánime quixemos mudar e referirnos de agora en diante á asiciación como Músicas ao Vivo” dixo.

  • Jazz músicas improvisadas: Yago Vázquez Trío

Música clásica contemporánea: Roberto Oliveira 

Canción de autor: Uxía

Música tradicional folk: Xosé Lois Romero Aliboria

 

 

 

A %d blogueros les gusta esto: