Cada 17 de maio celébrase en Galicia o Día das Letras Galegas. Este año vai adicado a María Victoria Moreno Márquez, e Musiqueando con María faille un homenaxe con novas partituras.

Ilustración de Mónica Fernández 

En anos anteriores ofrecín as seguintes partituras de temas galegos:

Nesta ocasión é o turno de “Compañeira” e “Lela”

“Compañeira”

“Compañeira” é unha canción composta por Xosé Luís Rivas Cruz (“Mini”), a pista nº 9 do álbum Fuxan os ventos, do grupo co nome homónimo.

 

Interpretada polo grupo Fuxan os ventos

DESCARGAR PARTITURA

“Lela”

En 1941 Alfonso Daniel Rodríguez Castelao estrena a súa obra teatral Os vellos non deben de namorarse para a que compón a letra desta canción (11’15” do vídeo que ofrezo a continuación):

 

Obra teatral completa

É unha farsa que trata dos amores de tres velloos imprudentes: D. Saturio, D. Ramón e o señor Fuco, que teñen a desgracia de pór os seus ollos en tres xóvenes: Lela, Micaela e Pimpinela. Como consecuencia desa imprudencia, os tres acaban falecendo: D. Saturio, envenenado; D. Ramón, que por un bico entrega a súa alma, acostado en estércol; e o señor Fuco, que acaba por casarse coa súa amada, e morrendo de felicidade.

No prólogo Castelao di o seguinte:

“Qué emocionante es ver a un viejo que llora por un amor que perdió cuando era joven. Los ancianos deben atesorar los amores de juventud porque les ayudan a vivir; pero los amores tardíos los matan y su muerte hace reir a la gente.”

 

Voz de Dulce Pontes

 

Rubén Simeó con trompeta

 

Cristina Gallardo-Domâs, soprano. Arreglo de Juan Durán

Publicaré la partitura los próximos días.

MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ

Chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, como profesora e axiña asumiu a cidadanía en galego, idioma no que enriqueceu as nosas Letras tanto na narrativa -nomeadamente a infantil e xuvenil- como nos estudos literarios, no ensaio, na poesía e na didáctica da lingua e da literatura galegas. En 1993, no congreso “Poetas alófonos en lingua galega”, declarou:

“Eu non son alófona porque o que practico, se é que escribo, podería definirse coma unha amorosa autofonía (…). A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor”.

Tras a súa presentación pública o pasado 27 de abril, o documental María Victoria Moreno, galega por amor xa se pode ver a través da canle municipal en Youtube (vídeo de abaixo). O filme de 40 minutos percorre a vida e a obra da homenaxeada no Día das Letras Galegas e amosa o seu vencello coa cidade, da man de amizades e persoeiros da cultura como Fina Casalderrey, Xavier Senín, Xesús Alonso Montero, Manuel Bragado ou Francisco Castro. Máis información neste ENLACE.

 

Mª Victoria Moreno, galega por amor

Dúas décadas atrás, a autora publicara Mar adiante (Edicións do Castro, 1973), o seu primeiro libro en galego (ilustrado por ela mesma). Con esta primeira novela, a profesora de orixe estremeña convertíase nunha das voces pioneiras da narración en galego destinada ao público máis novo, ao que dedicaría tamén boa parte da súa produción literaria posterior con notable recoñecemento tanto da crítica como do público.

María Victoria Moreno

Outro título destacado na súa traxectoria, Anagnórise (Galaxia, 1989), é un dos maiores éxitos da literatura xuvenil na nosa lingua: a novela foi incluída na listaxe de honra do IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) en 1990 e chegaron a se editar en poucos anos vinte edicións. Pero o seu libro preferido era Leonardo e os fontaneiros(Galaxia, 1986), co que gañou o terceiro premio O Barco de Vapor de 1985.

Cartel ilustrado por Abi Castillo

María Victoria Moreno soubo tamén transmitir a paixón pola lingua e a literatura como profesora, tanto nas clases de lingua galega semiclandestinas que impartía gratuitamente nos anos 70 en Pontevedra , Vilagarcía de Arousa ou Ourense, como nas oficiais de Lingua e literatura españolas que deu durante décadas no ensino secundario.

Ilustración de Daniela Lama, con algúns dos personaxes das obras infantís de Mª Victoria

No eido educativo asinou, ademais, libros de texto que aínda hoxe se consultan. A tradución é outro terreo no que María Victoria Moreno realizou achegas destacadas. Cómpre tamén lembrar outras facetas da autora, como a de libreira en Pontevedra, onde abriu xunto a outros intelectuais, en 1968, a libraría Xuntanza, unha trincheira máis para promover a literatura e espallar os libros. No eido editorial, foi ademais codirectora da colección infantil de Galaxia, Árbore, desde o seu inicio.

A %d blogueros les gusta esto: